Cáritas de Tui-Vigo organiza a presentación do libro de de La comunidad venezolana en España y el rol de la Iglesia católica en su integración, que recolle o resultado dun estudo elaborado en colaboración co Instituto Universitario de Estudos sobre Migracións da Universidade de Comillas. Tras a presentación, os asistentes poderán presenciar unha mesa redonda que dará voz e protagonismo a aquelas persoas que participaron no estudo.
Tanto a presentación como a mesa redonda terá lugar no salón de actos do Seminario Maior San Xosé de Vigo, este sábado, 12 de xuño, ás 10:30 horas. Ademais, con motivo das limitacións de aforo estipuladas polas autoridades sanitarias con motivo da pandemia, o evento poderá seguirse a través da plataforma Zoom, clicando na seguinte ligazón.
A colaboración entre Cáritas de Tui-Vigo e a Universidade de Comillas iniciou no ano 2019 co desenvolvemento dunha recollida de información mediante entrevistas a varios participantes dos diferentes programas levados a cabo pola institución diocesana que, grazas ao seu testemuño, contribuíron á elaboración deste estudo que publicado en formato dixital en 2020.
Alberto Ares SJ, director do Instituto de Migracións e doutor en Migracións Internacionais e Cooperación ao Desenvolvemento, será o encargado de presentar este estudo que pretende mostrar a situación que atravesan os venezolanos chegados a España a partir do 2016.
