Cáritas Diocesana de Tui-Vigo quere agradecer o labor dos 461 voluntarios que contribúen ao bo funcionamento dos 59 equipos parroquiais e interparroquiais, cunha eucaristía de acción de grazas presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, o mércores 18 de decembro, ás 19.00 horas, no templo parroquial de Santiago de Redondela. Durante a celebración, presentarase ao equipo da nova Cáritas interparroquial Sárdoma-A Salgueira e, ao finalizar, haberá un ágape nos locais parroquiais para confraternizar
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo é a institución da Igrexa Católica responsable da acción caritativa e de promoción social no ámbito da diocese. O seu obxectivo é coordinar, posibilitar e realizar a acción caritativa e social da Igrexa, así como promover, coordinar e instrumentar a comunicación cristiá de bens en todas as súas formas e axudar á promoción humana e ao desenvolvemento integral de todas as persoas.