Do 1 ao 7 de febreiro, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, en colaboración co Cinema Teatro Salesianos, organiza a XIII edición do Ciclo de Cinema Social, dirixido a escolares de Educación Primaria e Secundaria, co obxectivo de traballar na aula diversos valores vinculados coa entidade. Nesta ocasión, proxectaranse as películas Brave (Indomable) —Educ. Primaria— e La familia Bloom —ESO—, enfocadas a traballar a importancia da familia —relaciones, virtudes e valores—.
No marco deste Ciclo de Cinema Social, o xoves 1 de febreiro, ás 19.30, proxectarase de forma gratuíta e para o público en xeral a película La familia Bloom que, baseada en feitos reais, é unha adaptación cinematográfica do best-seller australiano escrito por Camero Bloom e Bradley Trevor Greive.
Os centros educativos que desexen recibir máis información poden escribir un correo electrónico a: caritas.cdtui-vigo@caritas.es. Tamén poden chamar aos número de teléfono: 986 44 33 10 e 659 45 43 39.