Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, en colaboración co centro comercial Vialia-Estación de Vigo, organiza un mercado solidario cunha selección de artigos de decoración; con cada compra axúdase, directamente, ao labor da entidade. A caseta, que estará situado na zona Vigo Exporta da planta baixa do centro, poderá visitarse o venres 9 de maio, en horario de 11.00 a 22.00 horas, e o sábado 10 de maio, de 10.00 a 22.00 horas.
Esta proposta súmase a outras iniciativas que, ao longo do ano, organiza Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para recadar fondos e soster así o traballo que a entidade desenvolve en favor das persoas máis vulnerables da sociedade. Ademais estas iniciativas ofrecen unha oportunidade para dialogar coa sociedade viguesa e dar a coñecer o labor que realiza tanto nas parroquias como na sede central.
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, integrada en Cáritas Española, é a institución da Igrexa Católica que se ocupa de exercer a acción caritativa e a promoción social no ámbito desta diocese. Na actualidade, conta con máis de 540 voluntarios que atenden as demandas das persoas que chegan ás máis de 50 Cáritas parroquiais e interparroquiais.