10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida
10 de Decembro de 2024

,

Santa Eulalia de Mérida

Cáritas Louriña organiza un festival benéfico

Cáritas Louriña organiza un festival benéfico

Coincidindo co «Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller», o 25 de novembro, ás 19.30 horas, o pavillón número dous do Porriño acollerá o festival benéfico organizado por Cáritas Louriña e Fundación Traballo e Dignidade, en colaboración co Concello do Porriño. O evento contribuirá á recadación de fondos para que ambas as organizacións poidan continuar desenvolvendo o seu labor social e caritativo en favor das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.

As xornalistas Icía Alcalde e María Díaz serán as encargadas de presentar este festival que contará coa participación de artistas locais como Uxía, Xeración “M”, Neno Lobo, Antonio Barros e Ialma, Noemí, Raúl Bem. Carla, Javi Casal “Jay Doe” ou DJ Keva, entre outros. A organización continúa preparando máis sorpresas e intervencións especiais.

A entrada será de 10 euros para o público en xeral e gratis para os menores de 10 anos, que acudan acompañados por un adulto. Tamén se pon ao dispor unha “fila 0” a 5 euros. A maiores, as persoas que desexen realizar outra achega poden facelo mediante Bizum, ao número 08323 e baixo o concepto “Festival”.

A colaboración entre Cáritas arciprestal da Louriña e a Fundación Traballo e Dignidade é froito da pegada que a congregación das Fillas de San Xosé —paraugas da fundación— deixaron na comunidade parroquial do Porriño, onde esta comunidade relixiosa desenvolvía o seu labor social e caritativo durante os anos 70 e 80. A Fundación Traballo e Dignidade constituíuse  no ano 2007 para impulsar o desenvolvemento das mulleres máis desfavorecidas a través de proxectos produtivos baseados na capacitación, a asistencia técnica e o crédito ás microempresas; ademais, forma parte  da Coordinadora Estatal de Comercio Xusto e da Rede de entidades de Desenvolvemento Solidario REDES.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp