17 de Marzo de 2026,
San Patricio

Cáritas mostra o seu compromiso co traballo decente

Cáritas mostra o seu compromiso co traballo decente

Coincidindo coa celebración da Xornada Mundial polo Traballo Decente, o pasado 7 de outubro, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organizou, unha xornada de portas abertas para mostrar á cidadanía os diferentes programas de emprego que desenvolve a institución caritativa, así como o labor que se realiza na súa empresa de inserción. A iniciativa contou coa colaboración da plataforma «Iglesia polo Traballo Decente» (ITD) e a Irmandade Obreira de Acción Católica (IOAC).

A xornada comezou nas oficinas da curia diocesana —situadas en Doutor Corbal—, onde se deu a benvida aos asistentes cun almorzo informativo. Durante o encontro, presentouse a evolución da empresa de inserción de Cáritas, o seu cambio de nome e o seu  novo proxecto de xestión e destrución documental segura.

A continuación, os trasladáronse á rúa Chao en Vigo, para coñecer o labor de formación, acompañamento e intermediación laboral que realiza a entidade a través do Programa de Emprego de Cáritas. Finalmente, o percorrido concluíu na tenda Moda-re do Calvario, para mostrar o traballo en economía circular e sustentabilidade social a través do proxecto téxtil da empresa de inserción.

As persoas que guiaron este percorrido foron protagonistas directas do cambio: participantes que, grazas ao acompañamento de Cáritas, conseguiron un emprego digno no mercado laboral ou dentro da propia entidade.