Licenciada en Pedagoxía, conta con máis dunha década de experiencia traballando con Cáritas diocesana de Tui-Vigo.
Inmaculada Tombilla recibiu o martes 2 de febreiro o seu nomeamento como coordinadora xeral de Cáritas diocesana de Tui-Vigo, co que pasará a formar parte do novo equipo de dirección que o pasado mes de xaneiro renovou os cargos de secretario xeral con Alfonso moreno e de administrador da entidade e da empresa de Servizos Comerciais de Inserción con Miguel Ángel Mazorra.
A coordinadora xeral —un debido a que ata o de agora non existía dentro da entidade— conta con máis dunha década de experiencia coa entidade caritativa da Igrexa católica tras a súa incorporación no ano 2007 como titora de accións formativas ata que, cinco anos máis tarde, en 2012, convértese en coordinadora do Programa de emprego e directora pedagóxica da Escola Infantil.
Licenciada en pedagoxía, a nova coordinadora xeral conta no seu currículo con formación específica en Técnicas de integración Laboral, Dirección de Recursos Humanos e Dirección e Xestión de Ongs. Recentemente obtivo a Certificación do modelo Sikkhona para o desenvolvemento de equipos.
Con esta tarefa, ademais de formar parte da dirección de Cáritas, as súas funcións implican o traballo coordinado con dirección e os responsables dos distintos departamentos e áreas de Cáritas Diocesana en todos os aspectos relacionados coa xestión de proxectos e persoas da entidade. Ademais, será responsable, xunto co Secretario Xeral, da operativa diaria de toda a entidade diocesana.