14 de Marzo de 2026,
Santa Matilde

Cáritas organiza a XXII Xornada de Voluntariado

Cáritas organiza a XXII Xornada de Voluntariado
FOTO.- Voluntarios de Cáritas Diocesana de Valencia distribuyendo los recursos para ayudar a los damnificados por las inundaciones | © Cáritas Española

Baixo o lema «Voluntari@, signo de esperanza», o sábado 18 de outubro, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza a XXII Xornada de Voluntariado para dar a benvida a este novo curso 2025-2026. Mediante esta iniciativa, Cáritas ofrece un espazo de encontro, convivencia e formación para todos os que colaboran coa entidade acompañando a aqueles que máis o necesitan, aos últimos e non atendidos.

A xornada comezará ás 10.00 horas na capela da Virxe do Camiño, para realizar unha pequena peregrinación xubilar ata o Seminario Menor «San Paio» en Tui; o percorrido terá unha duración de dúas horas, a paso lixeiro e dificultade baixa —recoméndase levar calzado cómodo—. Unha vez no Seminario e finalizado o descanso, haberá unha feira de experiencias.

Pola tarde, terminada a comida, presentarase a Estratexia para o Voluntariado elaborada por Cáritas Española. Ás 18.00 horas, celebrarase a eucaristía na catedral de Tui, amorno xubilar diocesano durante o Xubileu 2025, convocado baixo o lema «Peregrinos de esperanza».

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo pon ao dispor das persoas interesadas en participar un servizo de autobús con diferentes paradas. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 986 44 33 10.