20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Cáritas organiza o segundo seminario de formación para o voluntariado

Cáritas organiza o segundo seminario de formación para o voluntariado
FOTO.- Voluntarios de Cáritas Marruecos | © Cáritas Marruecos

O xoves 20 de febreiro, ás 17.00 horas, nos locais parroquiais do Corazón de María en Vigo, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza o segundo seminario de formación para o voluntariado do curso 2024-2025. «A dimensión universal da caridade» é o título da formación que, mediante vídeo-conferencia, impartirá Mariam Ucle, traballadora de Cáritas Diocesana de Sevilla, xunto cunha persoa implicada no Nivel Técnico Mixto do modelo de Cooperación Fraterno de Cáritas Española.

Ao longo de todo o curso pastoral 2024-2025, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo programou 3 seminarios de formación para o voluntariado, que comezaron no mes de novembro coa primeira sesión que virou ao redor da economía integral. Agora, no mes de febreiro, desenvólvese a segunda sesión sobre a dimensión universal da caridade e, en maio, o terceiro e último encontro no que se expoñerán os diferentes programas diocesanos que levan a cabo desde a entidade caritativa de la Iglesia en Tui-Vigo.

Durante este curso pastoral, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo quere fortalecer a participación e pertenza de todas as persoas involucradas coa entidade, establecendo novos procesos que respondan as necesidades identificadas conforme o lema institucional «Alí onde nos necesites, abrimos camiños de esperanza». Estes seminarios de formación son un medio para incrementar, precisamente, a participación do voluntariado, á vez que reciben formación para unha mellor atención e acompañamento das persoas vulnerables que acoden ás diferentes Cáritas.