18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Cáritas organiza un Camiño de Santiago por etapas

Cáritas organiza un Camiño de Santiago por etapas

Cáritas Diocesana de Tui-Vigo organiza unha experiencia única: o Camiño de Santiago por etapas, un momento para compartir comunidade, convivencia e solidaridade durante o Ano Xacobeo.

En total compondrase de 5 etapas, 5 sábados entre este ano 2026 e o vindeiro Ano Santo 2027, peregrinando ata os pés do Apóstolo Santiago. A actividade arranca o vindeiro sábado, 30 de maio.

ETAPAS

· SÁBADO 30 DE MAIO DE 2026. Vigo – Redondela (16 kms.)

· SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026. Redondela – Pontevedra (18 kms.)

· SÁBADO 3 DE OUTUBRO DE 2026. Pontevedra – Caldas de Reis (23 kms.)

· SÁBADO 29 DE MAIO DE 2027. Caldas de Reis – Padrón (19 kms.)

· SÁBADO 26 DE XUÑO DE 2027. Padrón – Santiago de Compostela (25 kms.)

A actividade é totalmente gratuita, pero ten prazas limitadas, así que non olvides anotarche! Está aberta a voluntarios de Cáritas, participantes, técnico de Cáritas e persoas interesadas en ser voluntarios de Cáritas. Haberá posibilidade de servizo de autobús para quen o necesite.

Para inscripcións á primeira etapa, podes acceder ao seguinte formulario. Se necesitas máis información pódeste poñer en contacto con Carlos ao 689 94 95 25 ou con Sugui ao 683 12 71 36.