29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2022

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

Cáritas interparroquial de Priegue-Saiáns celebra o seu primeiro aniversario

Cáritas interparroquial de Priegue-Saiáns celebra o seu primeiro aniversario

Grazas ao párroco, Juan Carlos Sendón, as parroquias de Priegue e Saiáns puxeron a funcionar, desde fai un par de semanas, a nova sede de Cáritas interparroquial que o pasado xoves, 17 de decembro, cumpriu o primeiro aniversario da súa constitución.

A idea xorde despois de detectar familias con necesidades e demandas na parroquia de Saiáns que, no referente á caridade, dependía da comunidade de San Miguel de Oia. Por iso, desde 2018, o equipo de voluntarios, formado por oito persoas xunto co párroco, iniciaron un camiño de acompañamento e formación da man dun traballador social e un formador de Animación Comunitaria da sede  caritativa da Igrexa diocesana.

Na entrevista realizada por Radio Cáritas de Tui-Vigo, o párroco, Juan Carlos  Sendón, explicou que «o obxectivo do proxecto era facer operativo o exercicio da caridade, fundamental na Igrexa». Actualmente, o equipo realiza actividades de acollida para todos aqueles que demanden a súa axuda, da que xa se están beneficiando dúas familias.

Esta realidade responde a un dos obxectivos expostos no Plan Pastoral para o curso 2020-2021 que pretende fortalecer a rede diocesana de Cáritas, promovendo a creación de novas sedes nas parroquias de máis de 3.000 habitantes e establecendo, polo menos, un punto de referencia en cada arciprestado.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp