Cáritas diocesana de Tui-Vigo estrea unha nova páxina web, desenvolta grazas á colaboración cos SSGG de Cáritas Española, co obxectivo de unificar a súa imaxe baixo un mesmo estilo comunicativo e visual. A través da ligazón https://www.caritas.es/tuivigo/, todas as persoas que forman parte da rede de Cáritas ou todas as persoas que queiran saber máis sobre ela poderán atopar toda a información relativa ás campañas diocesanas e nacionais, pero tamén a actualidade máis próxima á realidade caritativa da Igrexa de Tui-Vigo.
Con esta nova imaxe, Cáritas diocesana pretende renovar a súa acción e o seu compromiso coa sociedade para construír unha nova rede capaz de acoller e acompañar a todo tipo de persoas: voluntarios, colaboradores, traballadores, e mesmo a todos aqueles que nin entendan nin coñezan o labor caritativa desta institución da Iglesia, tal e como expresan nesta nova plataforma dixital.
En definitiva, tal e como declaran no seu comunicado, a idea principal da web é unir os corazóns de todas as persoas que senten e cren que a nosa sociedade necesita un cambio que se faga en e desde o interior de cada un.