Cáritas Tui-Vigo presentou o libro La comunidad venezolana en España y el rol de la Iglesia católica en su integración en colaboración co xesuíta Alberto Ares, director do Instituto de Migracións da Universidade de Comillas e doutor en Migracións Internacionais e Cooperación ao Desenvolvemento.
A presentación, que tivo lugar no Seminario Maior San José de Vigo e puido seguirse a través de medios dixitais, contou coa asistencia daquelas persoas que participaron no estudo mediante unha mesa redonda.
A colaboración entre Cáritas de Tui-Vigo e a Universidade de Comillas iniciou no ano 2019 co desenvolvemento dunha recollida de información mediante entrevistas a varios participantes dos diferentes programas levados a cabo pola institución diocesana que, grazas ao seu testemuño, contribuíron á elaboración deste estudo que publicado en formato dixital en 2020.