O pasado sábado celebrouse a Asemblea Diocesana de Cáritas Tui-Vigo. O obxectivo desta cita virtual era votar a aprobación dos orzamentos para o próximo ano e aprobar a memoria de 2019. Como consecuencia do coronavirus, a reunión viña aprazándose desde o pasado mes de abril, xa que o equipo directivo esperaba convocala presencialmente.
O delegado de Acción Caritativa e Social, don Javier Alonso, abriu a sesión agradecendo a presenza dos vinte e catro representantes das diferentes realidades de Cáritas. Don Javier remarcou o labor dos voluntarios durante estes últimos meses «Deus impulsou a valentía de saír ao encontro do que sofre, do abandonado, do ancián, do pobre e do enfermo, e achegástesvos desde a oración, o diálogo telefónico ou por outros medios».
Tras as palabras do delegado, a asemblea para proseguido coas votacións que se realizaron de maneira telemática. Durante este curso, Cáritas Tui-Vigo investiu máis de dous millóns de uros en diferentes accións e proxectos máis 80% foi dedicado á acción social.
Grazas aos proxectos realizados pola institución caritativa, 3.548 fogares puideron beneficiarse da atención que proporcionan os axentes de servizos sociais de Cáritas diocesana. Ademais, destaca tamén o investimento no proxecto téxtil a través do cal se recolleron máis de 846 mil quilos de roupa en contedores parroquiais e públicos destinados despois á venda de roupa na tenda, Koopera Store.
Axuda Social en tempo de pandemia.
Durante os meses de marzo, abril e maio, o labor de Cáritas intensificouse debido á situación social provocada pola pandemia. Deste xeito, distribuíronse máis de 110 mil euros en axudas económicas distribuídas en alimentación, vivenda e saúde.
O número de fogares atendidos durante estes tres meses de confinamento ascende a 1.244, que se concreta en máis de dous mil cincocentos beneficiarios. Desde marzo a abril, houbo un ascenso progresivo dos fogares atendidos, cun media día de 20-25 persoas na sede diocesana.