25/02/2021

,

San Cesáreo

Cáritas renova a súa Xunta Directiva e pon en marcha unha Axencia de Colocación

Cáritas renova a súa Xunta Directiva e pon en marcha unha Axencia de Colocación

Esta mañá, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, presidiu a toma de posesión dos novos cargos da Xunta Directiva de Cáritas Diocesana na súa sede situada en García  Barbón. Os nomeamentos —Secretario Xeral e Administrador da institución e da empresa de Servizos Comerciais de Inserción—  foron publicados na web diocesana o pasado luns, 4 de xaneiro.

A partir deste intre, Alfonso Moreno, avogado en exercicio da nosa cidade e especialista en temas tributarios, exercerá como Secretario Xeral, substituíndo a José Antonio García.

O lugar de Manuel  Expósito, ata o de agora Administrador de Cáritas, ocuparao Miguel Ángel  Mazorra que tamén se responsabilizará da parte administrativa da empresa Servizos Comerciais de Inserción, encargada de xestión do proxecto téxtil.

Mons. Luís Quinteiro agradeceu o labor realizado por Manuel  Expósito e Antonio García que, durante oito anos, colaboraron como voluntarios en Cáritas Diocesana, e felicitou ás novas incorporacións da Xunta Directiva de Cáritas, desexándolles o mellor. Posteriormente, o pastor da Igrexa de Tui-Vigo bendixo as instalacións da nova axencia de colocación —sita na rúa do Casco Lanuxe, Eduardo Chao 10— que leva activa varios meses realizando labores de intermediación laboral a través do equipo de Emprego.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp