O 9 e o 10 de xuño de 2026, continúa a viaxe apostólica do papa León XIV a España en Barcelona. Con motivo da reunión do equipo asesor do secretariado de Migracións da Conferencia Episcopal Española, Carlos Nottaro, delegado de Migracións da diocese de Tui-Vigo aisitiu onte, á vixilia de oración no estadio olímpico Lluís Companys e, hoxe, acudirá á misa que o santo padre presidirá na Sagrada Familia.
Carlos Nottaro representa a Galicia nesta reunión do equipo asesor do secretariado de Migracións da Conferencia Episcopal Española durante a cal se elaborarán as liñas pastorais do cuadrienio 2026-2030 para o ámbito migratorio e programaranse as actividades deste próximo curso pastoral. Ao coincidir ambos os encontros, ademais da xornada de traballo, os membros do equipo asesor participarán nos actos organizados en Barcelona con motivo da visita do santo padre.