Cincuenta anos despois da súa creación, a parroquia da nosa Señora do Carmen de Vigo conmemora as súas vodas de ouro cunha celebración eucarística presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, o xoves 26 de novembro ás 20:00, coincidindo co Bautismo —seguido dos outros dous sacramentos de iniciación cristiá, Primeira Comuñón e Confirmación— dun adulto e a Confirmación de sete novos.
Os primeiros carmelitas chegaron a Vigo en 1944, vinte e seis anos antes á creación da nova parroquia. Desde entón, traballaron na parroquia sesenta e cinco carmelitas que fomentaron en traballo en pastoral a través da catequese, ensino ou coros musicais, entre outras moitas actividades.
O actual párroco, Pedro Sáiz, destaca que o Cincuentenario das 14 parroquias de Vigo creadas polo bispo, Mons. José Delicado Baeza, constitúe unha efeméride que vale a pena vivir para lembrar, agradecer, renovar a ilusión e tomar novas forzas.