29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio
29 de Marzo de 2024

,

San Eustasio

Carta do delegado de Misións e Cooperación entre as Igrexas

Carta do delegado de Misións e Cooperación entre as Igrexas

O delegado diocesano de Misións e Cooperación entre as Igrexas, José Antonio García Acuña, enviou unha carta de agradecemento a todos os colaboradores e colaboradoras que, ano tras ano, participan na campaña para o Domingo Mundial das Misións que, nesta ocasión, celebrarase o vindeiro domingo 23 de outubro baixo o lema «Seredes as miñas testemuñas».

Queridos colaboradores do DOMUND:

Desde as Obras Misionais Pontificias e desde a delegación de Misións queremos agradecerche, ademais da túa actividade pastoral diaria e escondida, a promoción do espírito misioneiro do Pobo de Deus e o apoio ás Misións, que se concreta, especialmente, ano tras ano na campaña de DOMUND.

O papa Francisco dinos que o Evanxeo responde as necesidades máis profundas das persoas, porque todos fomos creados para o que o Evanxeo nos propón: a amizade con Xesús e o amor fraterno —Evangelii Gaudium, 265—. O Evanxeo é, por tanto, un tesouro para compartir que tantas persoas e pobos, pola acción do Espírito Santo, esperan, aínda que sexa de maneira non explícita.

O lema deste ano é «Seredes as miñas testemuñas». Con palabras e con feitos, queremos facer realidade este desexo de Xesús.

Anímovos a que participedes, como sempre o facedes, na xornada do DOMUND con ese entusiasmo e esa esperanza que poñedes en cada campaña.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp