O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, convida aos diocesanos a participar na campaña contra a fame de Mans Unidas que se celebrará o vindeiro domingo 14 de febreiro.
O pastor da Igrexa de Tui-Vigo destaca que «o compromiso de Mans quérenos unir a todos na loita contra a fame e a pobreza nos países do terceiro mundo».
O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, publica unha Carta Pastoral para convidar a todos os diocesanos e diocesanas a participar na campaña contra a fame que Mans Unidas celebrará o vindeiro domingo 14 de febreiro, baixo o lema «Contaxia a solidariedade para acabar coa fame», mediante a que se busca crear unha rede de solidariedade que poña no centro á persoa e as súas necesidades desde a contorna social.
Na súa carta, Mons. Quinteiro destaca o labor da organización católica como signo de unión «na loita contra a fame e a pobreza nos países do terceiro mundo» e do seu compromiso guiado polo Evanxeo e a Doutrina Social da Iglesia, para animar á comunidade cristiá de Tui-Vigo a colaborar activamente nesta campaña capaz de dotas ás persoas máis afectadas pola crise de medios elementais que lles permitan afrontar esta crise mundial.
Finalmente, nesta Carta Pastoral, resoan as palabras do papa Francisco na súa última encíclica Fratelli Tutti na que nos explica que a fraternidade universal que Deus pide esixe vivir «a xustiza e a solidariedade non como metas, senón como accións que se han de repetir todos os días para facer posible un mundo mellor».