29/09/2023

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael
29/09/2023

,

Santos Arcángeles Miguel, Gabriel y Rafael

A Vida Consagrada, parábola da fraternidade nun mundo ferido

A Vida Consagrada, parábola da fraternidade nun mundo ferido

O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, publicou unha nova Carta Pastoral con motivo da celebración da Xornada da Vida Consagrada cuxo lema, A Vida Consagrada, parábola da fraternidade nun mundo ferido, faise eco da situación de crise provocada pola pandemia do covid-19 que puxo de relevancia a misión das persoas consagradas definida por  Mons. Quinteiro como «signo visible da proximidade do Pai para con todo ser humano».

Neste contexto, o pastor da Igrexa diocesana de Tui-Vigo convida a consagrados e consagradas á lectura da  Fratelli  Tutti —a  Encíclica do papa Francisco publicada en outubro de 2020— «cos ollos de quen quero soñar […] a realidade dun mundo fraternal».

O vindeiro sábado, 6 de febreiro, Luís Quinteiro presidirá a misa na que se celebrará esta Xornada no templo parroquial do Corazón de María —situada na rúa Honduras— ás 19 horas. Por mor da Covid-19, o aforo estará reducido a un terzo da capacidade máxima do templo e deberán seguirse, en todo momento, as medidas de hixiene e seguridade estipuladas polas autoridades sanitarias para combater a propagación da pandemia.

A Carta Pastoral escrita polo bispo de Tui-Vigo pode descargarse integramente a través da seguinte ligazón en calquera dos idiomas oficiais de Galicia —español ou galego—.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp