9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio
9 de Outubro de 2024

,

San Dionisio

A Igrexa e o traballo decente

A Igrexa e o traballo decente

Queridos irmáns no Señor:

Deséxovos graza e paz.

O día 7 deste mes de outubro celebramos a Xornada Mundial polo Traballo Decente (ITD). Por oitavo ano consecutivo a Iglesia reitera o seu compromiso a fin de defender o traballo decente e así poder avanzar no logro deste gran obxectivo tan desexado pola sociedade mundial.

O Papa Francisco anímanos a facer «saídas constantes cara ás periferias» e a «abrir procesos, a derrubar muros e tender pontes» a fin de defender o traballo decente e avanzar no logro doutros moitos obxectivos lexítimos e tan desexados pola maioría da cidadanía de todas as nacións.

A actual crise económica que padecemos, consecuencia da pandemia, da guerra en Ucraína e outros numerosos motivos, acentuaron as consecuencias negativas do paro e a precariedade laboral; aumentaron a falta de seguridade no traballo; provocaron un aumento dos prezos dos produtos en xeral e, sobre todo, daqueles de primeira necesidade.

O Papa Francisco dicía con motivo do 1º de maio de 2020 que «toda inxustiza que se comete contra un traballador é un atropelo á dignidade humana».  De aí o lema «Sen homes e mulleres comprometidas, non será posible o traballo decente».

Tamén o Papa Bieito XVI na carta encíclica Caritas in veritate, que publicou o 26-6-2009, no número 64 e seguintes apela, para que o traballo sexa decente, á colaboración de diversas entidades. Cita ás organizacións sindicais de traballadores, as finanzas, os consumidores e as súas asociacións, as Nacións Unidas e a arquitectura económica internacional, a Autoridade política mundial, o progreso tecnolóxico, os medios de comunicación social, o desenvolvemento da bioética e o alcance mundial da cuestión social convertida radicalmente nunha cuestión antropolóxica e como tal chamada a ser abordada.

Neste marco de compromiso eclesial situamos estes días a celebración dos 50 anos das mobilizacións obreiras en Galicia —Ferrol e Vigo, principalmente—, onde tamén a Igrexa púxose ao lado dos que loitaban por un traballo máis digno na mellora de condicións, salarios e conciliación laboral.

Convídovos a todos a defender con decisión o traballo decente, ben común que afecta radicalmente a vida de todo traballador e de toda a sociedade.

Saúdavos afectuosamente.

 

+ Luis Quinteiro Fiuza,

bispo de Tui-Vigo