18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino
Mons. Antonio Valín, obispo de Tui - Vigo

9 de mayo de 2026

150 anos: menos despacho, máis rua…

Cumprir 150 anos non pode quedarse nun mero recordo como cando nos sentamos nun sofá a ver fotos vellas… Se Don Bosco fundou os Cooperadores non foi para crear un club de fans-admiradores, senón para formar un “equipo de vangarda”. Ás portas de festa do Espírito e coa alegría da Pascua, este Espírito sóplanos na caluga e dinos: ulen as túas mans á realidade dos xoves ou están demasiado limpas de non tocar barro?

  1. Espiritualidade con pés de barro.

Ser Cooperador salesiano non é saberse o PVA (Proxecto Vida apostólica) ou rezar moitas novenas. A espiritualidade salesiana é sempre encarnada. O papa Francisco dicíao moitas veces: “Prefiro unha IGrexa accidentada, ferida e manchada por saír á rúa, antes cá unha Igrexa enferma polo peche” (EG).

Celebrar este aniversario é preguntarnos: onde están os meus pés? Na comodidade do sofá o unas periferias do propia barrio e parroquia? O cooperador non axuda aos curas, é unha cristiana/o que leva o patio de Don Bosco ao mercado, á política, á escola, á familia, ao deporte, ao tempo libre,… A súa espiritualidade non se mide polas horas de xeonllos, senón por cánta esperanza sementa cando se ergue cada día.

  1. O compromiso non é un favor, é unha urxencia.

Hai moitos anos, outro papa León (XIII), coñecedor da obra de Don Bosco, decía na encíclica Rerum Novarum: “non é lícito vivir ociosos cando hai tanto por facer”. Esta frase non deixaba de ser unha chamada de atención aos cristiáns ao compromiso.

O compromiso dos Cooperadores é ser provocadores. Provocar cando nun mundo violento respondedes coa “amorevolezza-amabilidade). Provocar cando nunha sociedade que usa/tira ás persoas, investides tempo nos xoves que están a carón da vida. O voso provocar é poñer os pés na terra.

  1. Os retos de hoxe: onde apreta o zapato?

Ser cooperador neste século XXI, tan ferido e tan novo, ponnos ante retos que non admiten respostas tibias. Poñer os pés na terra significa:

  • O reto do Patio dixital: hoxe os rapeces están nas prazas, nas redes sociais, moitas veces máis sós cá nunca aínda que cheos de “followers”. O reto voso é entrar nesa realidade dixital non para xulgar, senón para acompañar e humanizar.
  • O reto da cultura do descarte e saúde: como Don Bosco, hai que saír a recoller xoves das novas cárceres: ansiedade, depresión, falta de sentido. O reto hoxe é a escoita. Vós tedes que ser aqueles que saben calar para escoitar o berro daqueles que non ven futuro. Estades dispostos a “perder o tempo” estando, só estando con eles?
  • O reto da ecoloxía e solidariedade: é preciso coidar a Casa Común. Daí o reto de educar nun consumo responsable e sobriedade que libere, fronte ao mercado que quere facer da sociedade só consumidores.
  • Reto da laicidade en saída: Francisco falaba de Igrexa en saída, recordades? O cooperador debe ser experto en diálogo na oficina, no sindicato, na asociación de veciños… ser fermento na masa, que leva a estar alí onde se toman decisións e se abren camiños, para que o carisma salesiano non quede pechado baixo chave.
  1. O Espírito Santo: Wi-Fi da misión

Ceranos xa a Pentecoste, recordamos que o Espírito é o lume que queima toda apatía. Vós, como cooperadores, sodes misioneiros da alegría.

Cando celebramos estes 150 anos, recordamos un SOÑO, renovamos unha PROMESA e miramos ao FUTURO. É a hora de renovar aquela loucura de Don Bosco, sendo moi concretos, moi cercanos, moi valentes. O mundo non precisa burócratas nin xestores (sobran!); precisa de testemuñas. Á luz de María Auxiliadora, co forza e estímulo de Xoan Bosco, saídea mirar aos ollos do próximo para decir con palabras e xestos: Deus ámate, e quere o teu ben, sempre

Parabéns pos estes 150 anos de vida e loita;

Parabéns polos anos que virán: este aniversario é un “disparo de saída”

Parabéns polo voso testemuño e compromiso. Amén.

 

+ Mons. Antonio Valín Valdés

Bispo de Tui-Vigo