Mensaxe con motivo a Xornada Mundial da Pesca, 9 de novembro
O día 21 de novembro celébrase a Xornada Mundial da Pesca. Co gallo desta celebración, o prefecto do Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral, o Cardeal Czerny, ven de publicar unha mensaxe que reflectimos aquí. Quere ser unha chamada de atención ante a realidade do mundo da pesca con todo o que iso supón: as condicións laborais da xente do mar, o coidado do mares e océanos, os métodos usados na pesca —non sempre con boas consecuencias—, o impacto sobre as comunidades que viven do mar, as persoas que andan ao mar e as súas familias… Son moitas realidades das que non sempre somos conscientes, aínda que vivamos en zonas costeiras ou portos de mar, e que están ao noso carón.
A Igrexa quere facerse presente —unha vez máis— acompañando esta realidade. Na nosa diocese contamos coa Delegación diocesana de Apostolado do Mar, Stella Maris, con sé no porto de Vigo. Polas súas instalacións pasan moitas persoas do mundo do mar, que as voluntarias acompañan en diversas xestións, tentando ser voceiras da dignidade destes irmáns. Unímonos á acción de grazas do Cardeal Czerny a todo o voluntariado de Stella Maris, e tamén a todo o mundo do mar. Neste día queremos celebralo coa esperanza que nos dá saber que non estamos sos, e aínda que poida parecer que non podemos nada, confiando nas palabras de Xesús no evanxeo, «xa que ti o dis, largarei o aparello» (Cfr. Lc 5,5), porque sempre podemos atopar xermolos de esperanza.
Accede á mensaxe do prefecto do Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral — Clica para descargar



