18 de Xaneiro de 2025,
Santa Margarita de Hungría

Novembro 2019: “Sen ti non hai presente. Contigo hai futuro”

Novembro 2019: “Sen ti non hai presente. Contigo hai futuro”

O próximo domingo día 10 de novembro a Igrexa diocesana de Tui-Vigo, como tódalas outras dioceses de España, celebramos “o noso día”: unha xornada que dedicamos á reflexión sobre a implicación de todos en colaborar ao servizo que presta a Igrexa á sociedade en tantos eidos e, en consecuencia, un día no que se informa con transparencia, a cantos habitualmente colaboran co seu mantemento, sobre o destino das súas contribucións económicas, pedindo novamente aos cidadáns, especialmente aos seus fieis, que continúen contribuíndo nas súas aportacións.

Neste día chámasenos tamén, especialmente aos fieis, a implicarnos co noso compromiso pastoral e económico na realidade diocesana. Porque, como moi ben recalca o lema da xornada, “sen ti non hai presente. Contigo hai futuro”.

Tódolos diocesanos desexamos unha presenza máis activa da Igrexa entre aquelas persoas e naqueles lugares nos que se decide o presente e o futuro da sociedade. Cómpre estar máis presentes entre os novos. Cómpre estar ao lado dos pobres e dos enfermos. Cómpre acompañas ás familias que van ben e ás que están quebradas. Temos que visitar aos que están no cárcere e apoiar aos que precisan reconstruír a súa vida e a tantas persoas que piden a nosa axuda.

[…]

+  Luis Quinteiro Fiuza

Bispo de Tui-Vigo