18 de Abril de 2024

,

San Perfecto
18 de Abril de 2024

,

San Perfecto

San Antonio da Florida busca “carteiros reais”

San Antonio da Florida busca “carteiros reais”

A comunidade de San Antonio da Florida en Vigo, a través de Cáritas parroquial, busca “carteiros reais” que poidan entregar a carta de máis de corenta nenos e nenas da parroquia aos tres reis de Oriente. Con esta iniciativa, a parroquia quere conseguir que todos os nenos e nenas poidan abrir agasallos durante o a mañá de Reis.

Por unha banda, os nenos e nenas menores de 12 anos da parroquia poderán participar entregando a súa carta, que deberá estar asinada unicamente co seu nome, ao párroco ou na caixa de correos parroquial, antes do 19 de decembro. Cada neno poderá pedir dous agasallos por un valor de 35 euros cada un. Xunto á carta deberá entregarse unha plica cos datos de contacto —nomee, apelidos e teléfono— do pai, nai ou titor legar.

As persoas interesadas en participar como carteiros reais deberán falar co párroco, Francisco Javier Alonso, quen lles entregará unha das cartas. Posteriormente escollerán un dos dous agasallos que deberán entregar na parroquia antes do 2 de xaneiro, data na cal se repartirán os agasallos entre as familias que entregaran a súa carta despois da misa das 10:00.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp