2/02/2023

,

La Presentación del Señor
2/02/2023

,

La Presentación del Señor

(Case) 800 anos da dedicación da catedral de Tui

(Case) 800 anos da dedicación da catedral de Tui

Cada ano, desde a súa consagración no ano 725 polo bispo naquel momento Esteban Egea, o 1 de decembro celébrase o aniversario da dedicación da Santa Iglesia Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a diocese, que, nesta ocasión, cumpre 797 anos da súa dedicación. Con tal motivo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza presidirá a eucaristía no templo catedralicio ás 12 horas.

No marco desta celebración, a vigairía para o clero organiza unha xornada de convivencia sacerdotal que comezará ás 11 horas no templo, cunha meditación sobre a Palabra de Deus no Advento que impartirá o biblista Uxío Nerga Menduiña. Unha vez terminada a celebración da eucaristía que comezará ás 12 horas, o licenciado en Historia da arte, Ramón Fernández, impartirá o relatorio «Oitocentos anos construíndo unha catedral entre dúas ribeiras, dous reinos e dous países», na que se tratará de contextualizar o espazo físico da catedral dentro do espazo histórico, como a evolución do proceso construtivo do templo, as relacións do cabido coa cidade tudense ou as influencias reelaboradas provenientes doutros lugares, entre outros temas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp