17 de Setembro de 2024

,

San Roberto Belarmino
17 de Setembro de 2024

,

San Roberto Belarmino

A Catedral de Tui cumpre 795 anos da súa dedicación

A Catedral de Tui cumpre 795 anos da súa dedicación

Mañá, 1 de decembro, a Santa Iglesia Catedral de Tui, sede do bispo e igrexa nai para toda a Diocese, cumpre o 795 aniversario da súa dedicación. A habitual celebración  eucarística presidida polo bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, trasládase ao próximo día 9 de decembro, ás 12:00.

Cada ano, desde a súa consagración no ano 1225 polo bispo naquel momento Esteban  Egea, celébrase unha Eucaristía presidida polo actual pastor da Igrexa diocesana. Debido ás restricións actuais de mobilidade, dita celebración con  Mons. Quinteiro trasládase do 1 ao 9 de decembro. Mañá ás 11:00, a misa será presidida polo deán, José Diéguez Dieppa.

O 9 de decembro, terá lugar un encontro sacerdotal que comezará ás once da mañá cun intre de oración e meditación, tras o cal se celebrará a Eucaristía —ás doce da mañá—. Finalmente, o presbiterio poderá coñecer o plan de rehabilitación e posta en valor do museo diocesano e catedralicio.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp