11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio
11 de Setembro de 2024

,

San Pafnucio

Catequese para profundar na chegada do novo bispo

Catequese para profundar na chegada do novo bispo

Ante a chegada do novo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, que recibiu a ordenación episcopal e tomou posesión do seu cargo o pasado 20 de xullo na catedral tudense, a diocese de Tui-Vigo elaborou unha serie de catequese para coñecer en profundidade a figura do bispo e o significado de formar parte dunha diocese. En total, elaboráronse tres catequese pensada, cada unha, para un público diferente: infancia, adolescencia e adultez. A pesar de que Mons. Antonio Valín xa tomou posesión do seu cargo como bispo de Tui-Vigo, estes materiais poden ser unha oportunidade para dar a coñecer, entre nenos e adolescentes das 276 parroquias que conforman o territorio diocesano, as funcións do episcopado, así como para estender o coñecemento sobre as diferentes realidades e accións desenvolvidas na diocese tudense. Cabe lembrar que a ordenación episcopal e toma de posesión do bispo prodúcese na época estival, cando as catequeses xa terminaran.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp