9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego
9 de Decembro de 2024

,

San Juan Diego

Catequeses do Camiño Neocatecumenal en Vigo

Catequeses do Camiño Neocatecumenal en Vigo
Foto: Virgen del Camino.

O luns 7 de outubro, o Camiño Neocatecumenal da diocese de Tui-Vigo deu comezo a unha nova quenda de catequese para mozos, mozas e adultos nos locais parroquiais de Santiago de Vigo —acceso pola rúa Roupeiro—. As sesións, abertas a crentes e non crentes, impártense os luns e xoves ás 20.15, durante os meses de outubro e novembro

As sesións son impartidas por catequistas do Camiño Neocatecumenal, para profundar en diversos temas da fe, como a situación do home contemporáneo e de la Iglesia, o anuncio da Boa Noticia (kerigma), a importancia dos sacramentos e a Palabra de Deus, e a misión da comunidade cristiá no mundo actual.

O Camiño Neocatecumenal —cuxo itinerario se vive nas parroquias, en pequenas comunidades constituídas por persoas de diversa idade e condición social— leva gradualmente aos fieis á intimidade con Xesucristo e transfórmaos en suxeitos activos na Igrexa e testemuñas cribles da Boa Noticia. É un instrumento ao servizo dos bispos e dos párrocos como itinerario de redescubrimento do bautismo e de formación permanente na fe, e é proposto aos fieis que desexen reavivar na súa vida a riqueza da iniciación cristiá.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp