4/12/2022

,

San Juan Damasceno
4/12/2022

,

San Juan Damasceno

Catequeses do Camiño Neocatecumenal para mozos e adultos

Catequeses do Camiño Neocatecumenal para mozos e adultos
Foto: Virgen del Camino.

A partir do 17 de outubro, comezan os encontros para mozos e adultos organizados polo Camiño Neocatecumenal na diocese: en Tui, os encontros serán os luns e os mércores, ás 20 horas, nos locais da parroquia o Sagrario da S.I. Catedral de Tui —na sala Félix Rodríguez González á que se accede por Área Panorámica—; en Vigo, serán luns e xoves ás 20:30 horas, no salón parroquial de San Antonio da Florida.

As catequeses serán impartidas por catequistas do Camiño Neocatecumenal e profundarán en temas como a situación do home contemporáneo e da Igrexa, o anuncio da Boa Noticia (kerigma), a importancia dos sacramentos e a Palabra de Deus, e a misión da comunidade cristiá no mundo actual. Como invitación a experimentar na propia vida o amor de Deus, están abertas a crentes e non crentes, e prolongaranse ao longo das próximas 7 semanas.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp