12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe
12 de Decembro de 2024

,

Nuestra Señora de Guadalupe

«Catequistas para servir», lema do curso 2023-2024

«Catequistas para servir», lema do curso 2023-2024

O secretariado de Catequese da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela xa publicou os materiais para este novo curso pastoral, baixo o lema «Catequistas para servir». Continuando co traballo emprendido o ano anterior, as delegacións de Galicia poñen o foco na figura do catequista, que «realiza un servizo e un ministerio pastoral imprescindible para a evanxelización, que asegura a transmisión da fe», tal e como explican nos materiais deste ano. 

O cartel deste ano consta de catro elementos crave que explican a esencia deste servizo e ministerios do catequista: un botón de inicio, a páxina evanxélica do prólogo do Evanxeo de San Xoán, un debuxo dun catequista con nenos xunto a un camiño de pegadas; e recortes cos distintos ámbitos da transmisión da fe —a familia/casa, a comunidade e a escola—.

Ademais das explicacións do lema e do cartel deste ano, os materiais inclúen o subsidio litúrxico para a eucaristía de inicio de curso. En moitas parroquias da diocese de Tui-Vigo, a catequese inaugúrase o primeiro (ou o segundo) domingo de outubro.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp