3/02/2023

,

San Blas
3/02/2023

,

San Blas

Católicos e ortodoxos rezan o akáthistos á virxe María

Católicos e ortodoxos rezan o akáthistos á virxe María

Co gallo de a solemnidade litúrxica da Inmaculada Concepción, o xoves 8 de decembro, ás 17:30 horas, na concatedral-basílica de Santa María de Vigo, a diocese de Tui-Vigo organiza o rezo do akátihistos —himno da liturxia oriental grega que medita sobre o misterio da maternidade de María—, xunto ás comunidades ortodoxas de Galicia. O acto estará presidido polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Luís Quinteiro Fiuza.

Tal e como explica José Vidal, párroco da concatedral-basílica e vigairo de Pastoral da diocese, conta que «o akáthistos é un antigo himno da Iglesia, que ten unha longa tradición nas Igrexas ortodoxas, orientais. San Xoán Paulo II tamén quixo que a Igrexa católica tivese devoción por este himno, así que promoveu a súa difusión e concedeu unha serie de indulxencias. Por iso, aproveitando esta solemnidade da Inmaculada Concepción, parecíame un xesto de comuñón entre as Igrexas de oriente e occidente poder rezar en común á santa nai de Deus; de aí a orixe e razón desta celebración». O padre Basile, patriarca da comunidade ortodoxa residente en Vigo que participará no rezo, conta que «o akáthistos está moi presente na vida da Igrexa ortodoxa, non tanto na liturxia, como na oración persoal de cada un. Por iso é polo que non haxa tanta presenza do rosario na vida dos fieis ortodoxos».

Daniel Goberna, prefecto de música da catedral de Tui, é un dos encargados de preparar ao grupo católico que cantará o akáthistos, que «é un himno que ten unha letra establecida como a Gloria que se utiliza na eucaristía; a letra non varía, pero segundo acóllese e chega a distintas culturas e comunidades fano máis seu, compondo unha música máis identificativa para cada un deles. De seu é un himno para ser sempre cantado, en xeral, cunha melodía sinxela para as distintas invocacións ou saúdos a María, como no rosario». No caso da diocese de Tui-Vigo, tal e como explica Daniel «encargarémonos de facer a primeira parte e utilizaremos unha composición musical de Mons. Luigi Lasagna, salesiano contemporáneo a don Bosco. Durante o canto, pedirase a participación da asemblea coa melodía principal».

Sobre o akáthistos

Literalmente, a palabra grega akáthistos significa «non sentado» e fai referencia, precisamente, á forma na que se canta ou recita este himno: estando de pé —tal e como se escoita o Evanxeo na Igrexa occidental— en sinal de reverencia cara á nai de Deus. Trátase dunha celebre composición mariana de anónima autoría con máis de 1.500 anos de tradición na Igrexa oriental, cuxo rezo se estandariza a partir do ano 625 d.C. para agradecer á virxe María a súa protección tras o asedio da cidade de Constantinopla.

O akáthistos componse de 24 estacións divididas en dous partes: a primeira, realza poéticamente a anunciación e o nacemento de Xesús; a segunda, é un poema sobre a encarnación e a manifestación do amor de fillo de Deus pola creación. Así, a medida que se vai proclamando o himno, contémplase a María, como nai, no proxecto histórico-salvífico de Deus desde a creación ata o último cumprimento, uníndoa indisolublemente a Cristo e á Igrexa.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp