No marco da Xornada da Sagrada Familia que, nesta ocasión, convócase baixo o lema «Familia, portadora da boa noticia», catro matrimonios da diocese de Tui-Vigo finalizaron o ano, o pasado 30 de decembro, celebrando as súas vodas de prata, ouro e diamante, nunha eucaristía que presidiu o bispo, Mons. Luís Quinteiro, no templo parroquial da Inmaculada Concepción de Vigo.
A delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo organizou esta celebración para homenaxear a aquelas parellas que, ao longo do 2023, celebraron as súas vodas de prata, ouro e diamante, é dicir, os seus 25, 50 e 60 anos de vida compartida como matrimonio. Neste sentido, foi unha oportunidade para premiar a fidelidade de dúas persoas que se prometeron un «para sempre».
Escucha o testemuño de Thais e Rafael, que celebraron as súas vodas de prata, a partir do minuto 5.50