20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

«Cal é o sentido da vida?» e outras moitas preguntas para responder nas ceas Alpha

«Cal é o sentido da vida?» e outras moitas preguntas para responder nas ceas Alpha

A delegación de Pastoral Xuvenil da nosa Diocese puxo en marcha unha iniciativa de nova evanxelización na cidade de Vigo: as ceas  Alpha. O pasado martes, 6 de outubro, os mozos organizaron as ceas nos locais da igrexa parroquia de San José Obreiro e Santa Rita.

Na nosa Diocese, Alpha está enfocado ao ámbito xuvenil e universitario, con invitados que van desde os 18 ata os 30 anos. Debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir, o aforo foi limitado e a continuidade da actividade está suxeita ao avance da pandemia.

O obxectivo desta iniciativa baséase en achegar a realidade cristiá a persoas afastadas da Igrexa. Partindo da premisa de que o home moderno non se fai preguntas,  Alpha pretende suscitar nos participantes o interese por exporse cuestións sobre o mundo e a vida.

O formato consta de oito sesións consecutivas dividas nunha cea, unha charla e un debate. Cada semana, os participantes teñen a oportunidade de profundar en diversos aspectos da relixión, tratando de responder as preguntas expostas polos relatores tales como “cal é o sentido da vida?”, “quen é Jesús?”, “por que morre Jesús?” ou “existe o mal?”.

O éxito de  Alpha reside na gratuidade da proposta (os invitados acoden a custo cero) e na actitude de acollida, de modo que os participantes poidan sentir a liberdade e a  confianza para expresarse con sinceridade as súas dúbidas.

Cando e onde nace  Alpha?

Alpha foi deseñado como un curso de curta duración pola igrexa  Holy  Trinity  Brompton de Londres. En 1990,  Nicky  Gumbel  fu nomeado encargado do curso en  HTB e descubriu que moita xente que estaba fóra da Iglesia quería explorar a fe cristiá. Na actualidade,  Alpha utilízase en todas as partes da igrexa a nivel mundial, incluíndo a igrexa Católica, a igrexa Ortodoxa e as principais denominacións protestantes.

En España, o equipo Alpha ofrece cursos de formación para parroquias, movementos, delegacións diocesanas ou colexios, a través da súa web. Ademais, veñen realizando para diferentes grupos de idade: mozos, universitarios ou matrimonios. A nivel mundial, desenvolvéronse ceas  Alpha específicas para centros penal ou centros educativos.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp