20 de Marzo de 2025,
San Martín de Braga

Celebra san Valentín cun «roteiro romántico» por Baiona

Celebra san Valentín cun «roteiro romántico» por Baiona

No marco da «Semana do matrimonio» e coincidindo coa festa de san Valentín, o venres 14 de febreiro, a as 21:00 horas, no parque da Palma de Baiona,  a delegación de Pastoral Familiar organiza un «roteiro romántico» para parellas, co obxectivo de compartir un intre de reflexión e oración en parella, pero tamén un momento lúdico-festivo con matrimonios de toda a diocese de Tui-Vigo. Ao terminar, haberá unha master class de danza. As persoas interesadas en participar poden inscribir a través do correo electrónicopfamiliar@diocesetuivigo.org.

A «Semana do matrimonio» é unha oportunidade para que os matrimonios católicos renoven o seu compromiso, á vez que se pon en valor o sentido e a beleza do sacramento no medio da sociedade actual. A Subcomisión para a Familia e a Defensa da Vida da Conferencia Episcopal Española é a encargada de promover esta proposta a nivel nacional, pero con transcendencia e calado local, adaptándose á realidade de cada dioceses. 

«Enche o seu corazón, faino latexar» é o lema desta campaña que se centra na relación de Edu e Mónica, dous personaxes de animación que cobran vida ao final da historia. A Campaña deseñouse en branco e negro e un corazón vermello que destaca como elemento de conexión. Nese corazón reflíctese o estado emocional da relación dos nosos protagonistas. A medida que a parella vive momentos importantes o corazón énchese —momentos de amor, unión, felicidade…— ou baleírase —desafíos e perdas—, representando que as relacións se constrúen e evolucionan co tempo. Na web de campaña, poder atopar a historia de Edu e Mónica, divida en tres vídeos de animación.