16 de Marzo de 2026,
San Heriberto

Semana do Matrimonio en Tui-Vigo: unha app onde traballar o teu matrimonio, ruta romántica e vixilia de oración

Semana do Matrimonio en Tui-Vigo: unha app onde traballar o teu matrimonio, ruta romántica e vixilia de oración

O vindeiro sábado, 14 de febreiro, celebramos o Día de San Valentín, o día dos namorados. Frente ó consumismo e a superficialidade que rodea a esta data, dende a Subcomisión de Familia e Vida da Conferencia Episcopal Española (CEE) promóvese a Semana do Matrimonio. Na diocese de Tui-Vigo contaremos cunha serie de actos, organizados pola Pastoral Familiar, para festexar San Valentín disfrutando e visibilizando o valor do sacramento do matrimonio.

Para a semana do luns 9 de febreiro ao domingo 15 a proposta pasa por unha aplicación chamada matrimONio. Nesta APP vaise ofrecer durante estos días unha reflexión diaria, para traballar no matrimonio, chamada “Retiro en casa”. Na aplicación ademais disto poderanse atopar moitos máis contidos como películas, oracións ou propostas varias que axuden á mellora da relación. As ligazóns para descargar a aplicación son as seguintes: para PLAYSTORE e para APPSTORE.

O venres 13 de febreiro, ruta romántica ás 21H en Ponteareas. Nela poderemos coñecer diferentes lugares e historias de Ponteareas, algo que axudará a pensar sobre a historia particular de cada matrimonio. A ruta terminará cun encontro festivo, no que compartir e celebrar. Para inscribirse nesta actividade é necesario escribir ao correo pfamiliar@diocesetuivigo.org ou chamar ao teléfono 660 16 69 57.

E para o último día desta Semana do Matrimonio, o 20 de febreiro, haberá unha vixilia de oración na Parroquia do Corazón de María en Vigo, ás 21H. A presidirá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín.