O vindeiro mércores, 11 de febreiro, celebraremos a festa da Virxe de Lourdes na Parroquia Nosa Señora de Lourdes Mondariz-Balneario. Ás 11 da mañá o bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín, presidirá a Eucaristía ofrecida polos enfermos. Pola tarde, ás 19H, terá lugar a misa coa procesión das velas.
Tamén haberá lugar para o Sacramento da Reconciliación nesta festa. As confesións para este día 11 de febreiro se terán media hora antes da celebración da misa da mañá e da tarde.