14 de Maio de 2026,
San Matías

Celebración da Santa Cruz en Santa Mariña de Covelo

Celebración da Santa Cruz en Santa Mariña de Covelo

O domingo 3 de maio celébrase o Día da Santa Cruz (ou Cruz de Maio), unha festividade que conmemora o achado da cruz de madeira onde morreu Xesús por Santa Elena, no ano 326.

Na nosa Diocese de Tui-Vigo poderemos celebralo na parroquia de Santa Mariña de Covelo, parroquia con especial veneración e devoción a Santa Cruz,, onde haberá misas, procesión, e unha peregrinación de varias parroquias conxuntas.

Dita peregrinación especial, realizada por coincidir este ano o Día da Santa Cruz en domingo, será coa Virxe dos Dolores ou Piedade das parroquias de Mondariz, San Martiño de Vilasobroso, San Cibrán de Mouriscados, Santo Andrés de Meirol e Santa María de Paraños.

As misas do propio día da Santa Cruz serán ás 10:00, 11:00 e 18:00 horas. A Eucaristía solemne será ás 12:00, coa procesión da Santa Cruz e Santa Marina unha vez terminada a misa.