18 de Xuño de 2026,
Santos Marcos y Marcelino

Celebración da Xornada Pro Orantibus

Celebración da Xornada Pro Orantibus

VIDA CONTEMPLATIVA ¿POR QUÉN ES?

                Na Solemnidade da Santísima Trindade, o vindeiro domingo 31 de maio, a Igrexa en España celebra, como cada ano, a Xornada Pro Orantibus, recordando a aqueles consagrados contemplativos que oran por nós.

Na nosa Diocese, como recoñecemento da importancia da súa presenza entre nós, se invita a todos aqueles que podan (sacerdotes, consagrados e leigos), á celebración das Segundas Vésperas da Solemnidade da Santísima Trindade ás sete da tarde deste domingo 31 no Mosteiro das Salesas de Vigo (Rúa Coutadas, 14). 

É un bo momento para agradecer a vocación e a misión entre nós das 35 monxas que habitan nos seis mosteiros femininos da nosa Diocese. O lema da Xornada, “Vida contemplativa, ¿Por quén es?”, recorda que a súa vocación solo se entende se é o Señor quen alenta unha vocación tan profética no momento que vivimos.