28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III
28 de Marzo de 2024

,

San Sixto III

Celebración diocesana da II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores

Celebración diocesana da II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores
Foto: Celebración diocesana de la I Jornada Mundial de los Abuelos y Personas Mayores, en 2021.

O vindeiro martes, 26 de xullo, ás 20 horas, o bispo de Tui-Vigo presidida a eucaristía no templo parroquial de Santa María de Baiona para celebrar a II Xornada Mundial dos Avós e Persoas Maiores, que o papa Francisco convoca para o cuarto domingo de xullo. No caso da diocese de Tui-Vigo, escolleuse celebralo o 26 de xullo por ser a festa de San Xoaquín e Santa Ana, pais da Virxe María. 

Desde a delegación de Pastoral Familiar da diocese de Tui-Vigo, convidan a toda a comunidade diocesana a sumarse á celebración e a celebrar nas parroquias esta Xornada para o que elaboraron un subsidio litúrxico da eucaristía.  Tamén poñen a disposición os materiais editados polo Dicasterio para os Laicos, a Familia e a Vida —que inclúe un cartel, unha catequese e a oración desta II Xornada—.

«Na vellez seguirán dando froito» é o lema escollido polo papa Francisco para esta II Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores na que, a través da mensaxe publicada para a ocasión, lembra a todos os avós/as e as persoas maiores que “neste mundo noso estamos chamados a ser artífices da tenrura. Fagámolo, aprendendo a utilizar cada vez máis e mellor o instrumento máis valioso que temos, e que é o máis apropiado para a nosa idade: o da oración”.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp