19/09/2020

,

San Jenaro

Celebración diocesana da Sagrada Familia

Celebración diocesana da Sagrada Familia

A véspera da festa da Sagrada Familia, D. Luis Quinteiro presidiu a celebración diocesana na Colexiata de Santa María. “A familia, escola e camiño de santidade” era o lema que centraba a reflexión desta xornada. Os esposos, en virtude do sacramento do matrimonio, están chamados á santidade de xeito que, a partires das cousas sinxelas e ordinarias, teñen como misión facer visible o amor co que Cristo ama á súa Igrexa. Unha vida familiar marcada polas esixencias de día a día constitúe a base dese camiño á santidade, no que a acollida, o esforzo, a entrega, a doazón xenerosa, o traballo e o servizo han ser os piares nos que se apoie. A familia é así unha escola de santidade na que cada un dos seus membros constrúe o seu propio camiño tomando como modelo o fogar de Nazaret.

Durante a Eucaristía, 5 matrimonios que celebraron as súas vodas de ouro e prata ao longo deste ano 2019 renovaron as súas promesas matrimoniais e deron grazas por todo o vivido e compartido xuntos.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on email
Email
Share on whatsapp
WhatsApp
Share on print
Imprimir