20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Celebración diocesana da Xornada Mundial da Vida Consagrada

Celebración diocesana da Xornada Mundial da Vida Consagrada
Foto: © Mónica Sosa Cortez, en el banco de imágenes gratuito Pexels.

O xoves 2 febreiro, festa litúrxica da Presentación de Xesús no templo, ás 19.30 horas, no templo parroquial de San Francisco Xavier, en Vigo, a delegación diocesana para a Vida Consagrada e a CONFER de Tui-Vigo organizan unha eucaristía presidida polo bispo de Tui- para celebrar a Xornada Mundial da Vida Consagrada, baixo o lema «Camiñando en esperanza». A CONFER de Tui-Vigo destaca que se trata dunha oportunidade para «sacar forzas para seguir camiñando sen cansarnos nin deternos, con paciencia e tesón».

Con motivo desta xornada, o bispo de Tui-Vigo escribiu unha mensaxe no que lembra que esta xornada constitúe «un día especial para agradecer e valorar o agasallo que Deus fai á súa Igrexa coa vida entregada de tantos consagrados que o Espírito suscita e sostén en cada lugar e en cada momento». Ademais, manifestou que, do mesmo xeito que os anciáns Simeón e Ana, os consagrados e consagradas «seguen a Xesús e manteñen as esperanzas dunha humanidade aberta á salvación».

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp