No marco da Xornada da Sacra Familia, as parellas que, ao longo do ano 2024, celebrasen as súas vodas de ouro ou prata poderán renovar os seus votos matrimoniais arroupados por toda a comunidade diocesana, nunha eucaristía presidida polo bispo de Tui-Vigo, Mons. Antonio Valín. O sábado 28 de decembro, ás 18.30 horas, o templo parroquial da Inmaculada Concepción en Vigo acollerá esta celebración
As parellas casadas que cumprisen as súas vodas de ouro ou prata e estean interesadas en renovar os seus votos matrimoniais poden poñerse en contacto coa delegación a través do correo electrónico: pfamiliar@diocesetuivigo.org.
A delegación diocesana de Pastoral Familiar promove esta iniciativa para visibilizar o sentido do matrimonio cristián no medio da sociedade actual e para poñer en valor á familia que, como Igrexa doméstica, pode ofrecer o primeiro anuncio da beleza do amor, apoiando, fortalecendo e animando a outras familias.