A nosa Diocese de Tui-Vigo, concretamente a parroquia do Sagrado Corazón (Rosalía de Castro, 56), acollerá este ano a celebración do Día da IOAC-HOAC de Galicia 2026.
Os actos extenderase desde as 10.30 horas da mañá ata as 17.30 horas da tarde, incluíndo unha comida de confraternidade todos xuntos. As 10:30 horas comezará a xornada cun momento de acollida, así como a presentación da xornada e do tema do Día da IOAC-HOAC.
Tras este momento inicial pasarase á mesa de experiencias de entidades que traballan en Vigo na humanización da sociedade: Cáritas, Rede de Mulleres Maltratadas, MODEPEN… Haberá un rato de diálogo tras a mesa de experiencias e despois celebrarase a Eucaristía. A xornada rematará coa comida todos xuntos, un momento no que se poderá dialogar sobre o vivido e facer entre todos comunidade.
Manifesto con motivo do 1 de Maio
Desde a IOAC-HOAC da nosa diocese de Tui-Vigo, con motivo do 1 de maio, Día Internacional do Traballo e festa de San Xosé Obreiro, alertan nun manifesto sobre a exclusión que aínda se padece no mundo laboral.
O manifesto nos recorda que, tal como dice o Papa León XIV, o traballo debería ser espazo de vida, pero “con frecuencia transfórmanse en lugares de morte y desolación”.