7 de Marzo de 2026,
Santas Perpetua y Felicidad

Celebración do Xubileu dos nenos adoradores na catedral de Tui

Celebración do Xubileu dos nenos adoradores na catedral de Tui

O 27 de setembro, ás 18.00 horas, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidirá a eucaristía na catedral de Tui para celebrar o Xubileu dos nenos adoradores. Ademais da misa, a iniciativa «Nenos adoradores» organiza unha xornada de encontro para familias e parroquias que dará comezo ás 12.30 horas no Seminario Menor «San Paio » en Tui .

As familias interesadas en participar poden inscribirse a través da seguinte ligazón. Para solicitar máis información, a organización habilitou o seguinte correo electrónico: adoracioninfantilvigo@gmail.com.

«Nenos adoradores» é unha iniciativa promovida por un grupo de familias católica que comparten a misión de fomentar a adoración eucarística entre nenos e os seus pais, co desexo de que se converta nunha práctica habitual en cada igrexa. Cada mes, visitan unha parroquia diferente para presentar a proposta e desenvolver a actividade. As familias expresan que «un dos froitos que vivimos, foi poder contar coa participación de pais e irmáns. Sen darnos conta, a adoración infantil converteuse nunha adoración familiar».