O pasado 25 de marzo a Catedral de Tui, acolleu no marco do 800 aniversario da Delegación da Catedral, a Celebración Comunitaria da Penitencia organizada pola VIcaría do Clero da Diocese.
Nela participaron cerca dunha treintena de sacerdotes. A Xornada comezou ás 12:00 hrs. na capela de Santísimo cunha meditación dirixida por D. Xoaquín Estévez (capellán da Residencia San Telmo en Tui). Ás 12:45hrs. o bispo Mons. D. Antonio Valín presidiu a Celebración Penitencia. Tras as confesións os participantes, se dirixiron en procesión ata a Capela das Reliquias para rezar xuntos a oración con motivo deste Ano Xubilar.











