Máis de 200 persoas participaron na vixilia de oración que a Adoración Nocturna Feminina da diocese de Tui-Vigo organizou para celebrar o centenario da súa fundación en España. A celebración, presidida polo bispo tudense, monseñor Antonio Valín, tivo lugar no templo parroquial de Santo Martín de Coia, o sábado 26 de xullo de 2025. O mesmo día e á mesma hora, todas as dioceses españolas uníronse en oración para celebrar esta efeméride, expresando así a comuñón de la Iglesia universal.
Na actualidade, a Adoración Nocturna Feminina de Tui-Vigo, fundada polo sacerdote Isaac Trigo Asorey e presidida nos seus comezos por Josefina Martín Pérez en xuño de 1973, conta con 10 seccións compostas por 21 quendas de adoración repartidos por toda a xeografía diocesana.
A Adoración Nocturna Feminina Española é unha asociación pública de fieis de ámbito nacional, erixida pola Conferencia Episcopal Española. O seu carisma é orar e adorar a Xesús Sacramentado durante as horas da noite; a súa espiritualidade, ser verdadeiras adoradoras na noite e fieis testemuñas durante o día.