19 de Abril de 2025,
San León IX

Cento vinte anos do carisma das irmás de San Xosé de Cluny en Vigo

Cento vinte anos do carisma das irmás de San Xosé de Cluny en Vigo
FOTO.- Participantes en la eucaristía de acción de gracias | © Colegio San José de Cluny Vigo

A comunidade educativa do colexio San Xosé de Cluny en Vigo celebra este ano o 120 aniversario da súa presenza na cidade olívica. Coincidindo coa solemnidade de san Xosé, na tarde do martes 18 de marzo, o bispo de Tui-Vigo, monseñor Antonio Valín, presidiu a eucaristía de acción de grazas na capela do colexio, na que participaron persoal do centro, antigos profesores, AMPA e a Asociación de Antigos Alumnos.

Este encontro, cheo de fe e gratitude, foi unha oportunidade para que lle prelado tudense puidese coñecer as instalacións do centro e o traballo que desenvolven os profesores na aula

As primeiras irmás de San Xosé de Cluny chegaron a Vigo en 1904, aloxándose primeiro nun piso da Rúa Real e trasladándose, ao cabo de dous anos, a García Barbón. A mediados do século pasado, instaláronse na Gran Vía para, finalmente, mudarse á rúa Carballo no ano 2000, co cambio á educación mixta. Na actualidade, son cinco as relixiosas que conforman a comunidade viguesa da orde fundada por Ana María de Javouhey  na Borgoña francesa en 1807.