20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano
20 de Abril de 2024

,

Santa Inés de Montepulciano

Cerca de 2,5 millóns de persoas beneficiáronse da campaña «Contra a fame» de Mans Unidas

Cerca de 2,5 millóns de persoas beneficiáronse da campaña «Contra a fame» de Mans Unidas
Foto: Mujeres en Perú | © Ana Castañeda.

Durante máis de 60 anos, Mans Unidas traballou para sensibilizar e combater a pobreza do terceiro mundo a través da súa campaña anual «Contra a fame» coa que puxo en marcha 506 proxectos repartidos por máis de 50 países de África, América e Asia, que contribuíron a apoiar directamente a preto de 2,5 millóns de persoas.

Este medio milleiro de proxectos foron posible grazas á colaboración xenerosa dos 71.159 socios que, xunto con outras institucións do sector público e privado, colaboraron na recadación de máis de 48 millóns de euros, distribuídos en sete sectores de actuación —educación, saúde, auga e saneamento, alimentación e medios de vida, dereito das mulleres e equidade, dereitos humanos e sociedade civil e medio ambiente e cambio climático—.

Actualmente, Mans Unidas conta cun total 6.344 voluntarios que traballan nas 72 delegacións en España, entre as que se atopa a delegación diocesana de Vigo que, desde outubro de 2021, lidera a profesora Begoña  Cedrián durante o próximo trienio. Ademais,  do traballo dos voluntario, esta organización da Igrexa católica en España conta con máis de 100 persoas contratadas para realizar tarefas de sensibilización social e desenvolvemento de proxectos humanitarios.

Mans Unidas é a organización da Igrexa católica en España para a loita contra a pobreza que sofren os pobos máis excluídos do planeta, co obxectivo de recoñecer a realidade para transformala, erradicando a desigualdade que alimenta a fame. Para esta 63° campaña «Contra a fame», a organización escolleu o lema «A nosa indiferenza condénaos ao esquecemento» para  espertar conciencias  anestesiadas porque non é posible construír un mundo diferente con xente indiferente.

*Todos as cifras corresponden ao ano 2020.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp