5 de Decembro de 2024

,

San Sabas
5 de Decembro de 2024

,

San Sabas

Charla-coloquio co director da Oficina de Información da Conferencia Episcopal

Charla-coloquio co director da Oficina de Información da Conferencia Episcopal

«Facelo ben, contalo ben» é o título que deu Jose Gabriel Beira  Beorlegui, director da Oficina de Información do Episcopado español, á conferencia que impartirá ás sete da tarde do próximo venres día 28, no salón de actos do Seminario Maior, dirixida a todas aquelas persoas,  segrares ou  presbíteros, que dalgunha forman colaboran no labor de anunciar o evanxeo a través dos medios de comunicación e as redes sociais.

Os interesados en asistir á conferencia, que foi organizada pola Vigairía de Pastoral e a Delegación diocesana de Medios de Comunicación, deberán inscribirse previamente para garantir as normas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias; aínda que cuantos  non puidesen asistir poderán seguir a conferencia en  streaming a través da canle de Youtube da Diocese.

Coa participación e axuda de José Gabriel Beira, portavoz da CEE, doutor en Comunicación Pública e licenciado en Ciencias da Información, en Filosofía e en Teoloxía, a Diocese de Tui-Vigo quere responder as necesidades da Igrexa actual e ofrecer aos axentes de pastoral unha formación de calidade, apoiados ademais no Plan diocesano de Pastoral 2020-2021 e na experiencia recente de confinamento, cando —como recolle un informe diocesano— suprimidas as eucaristías, as reunións e a catequese “as redes sociais foron un instrumento indispensable para facernos próximos; para estar atentos, e ao tanto, unhas persoas das outras; para ofrecer algúns materiais que nos axudasen a rezar ou a formarnos; para ofertar noticias da situación e da vida da parroquia, grupo, delegación ou movemento. Convertéronse nun mar de  evanxelización».

O citado plan diocesano de pastoral ten previsto levar a cabo un Curso de Comunicación Institucional e  Portavocía que  por mor da pandemia foi imposible levar a cabo ata o momento; por iso a conferencia «Facelo ben, contalo ben», a cargo dun destacado referente da comunicación eclesial, supón un primeiro paso para impulsar a referida actividade durante o próximo curso e, deste xeito, poñerse en camiño de lograr  o obxectivo previsto, que é promover unha maior participación e implicación  laical na vida e a comunicación da Igrexa diocesana.

Facebook
Twitter
Email
WhatsApp